ALGUNHAS NORMAS QUE QUEREMOS SEGUIR NO CURSO 2024-25 PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DAS CLASES
1. As faltas de asistencia ás clases por causa particular do alumno/a, serán cobradas sempre. A pesar de todo, pódense recuperar no mesmo mes en curso ou no inmediato posterior, pero a academia ten que ser avisada para poder recolocar o alumno/a. Deste xeito, evitaremos a acumulación do alumnado na mesma hora.
2. Cando a falta de asistencia sexa por causa da academia, poderase optar por recuperar esas horas recolocando o/a alumno/a nun horario axeitado para ambas partes, ou ben decidir descontar as horas do importe a aboar no mes inmediatamente posterior á falta.
3. Os pagamentos mensuais realizaranse por adiantado —ao comezar o mes—, entre os días 1 e o 5. No caso de que o importe acabe sendo distinto do establecido, este regularizarase na seguinte mensualidade.
4. As clases de inglés pódense usar coas horas que se fan semanais, ou ben a maiores das que se teñen apalabradas, sendo entón cobradas á parte a fin de mes.
5. As clases ás que non se asista sen que se teña avisado con, cando menos, 2 horas de antelación, serán cobradas de igual maneira.
6. Todos os meses se cobrarán de maneira íntegra. Será este o caso, tamén, de decembro e xuño, aínda que nestes meses os alumnos/as realizarán posiblemente máis horas das que fan habitualmente. Esas horas a maiores non serán cobradas.
En beneficio dunha mellor prestación do servizos, todas estas normas son de obrigado cumprimento.